lunes, 26 de noviembre de 2007


A DELEGACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS INFORMA AOS MEDIOS:

Dende a Delegación de Obras e Servizos do Concello de Burela, compre que é o noso deber anunciar e informar sobre as actuacións que se están a levar a cabo no Concello, todas elas co único fin de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, para conseguir unha Burela máis habitable e, conxuntamente con outras Delegacións, apostar por unha vila respetuosa co medio ambiente, preparada para o futuro, e no que sempre primará a atención ao cidadán. Sirva tamén este breve resumo para dar resposta ás declaracións do Partido Popular, encabezado polo seu portavoz na oposición, gran adicto, pero pouco ocurrente, a aparecer tanto en soporte escrito como falado, denunciando unha presunta falta de iniciativa política co ser recurrente e pouco orixinal “traballo igual a cero”, e nos que actúa como un oráculo agoreiro.

As obras ou servizos que se están a executar ou a punto de executarse son os seguintes:

- ACONDICIONAMENTO DAS RUAS EIJO GARAY, CORREO E IGLESIA:
Obra xa comezada, con subvención da Consellería de Industria, completada con asignación económica do Concello. Ésta sal de partidas presupostarias de Obras e Servizos e de Urbanismo. Convén recordar que aínda que a subvención foi tramitada polo anterior equipo de goberno, o crédito correspondente ao Concello non estaba previsto nos orzamentos, o cal deu lugar a modificacións presupostarias que retrasaron o comezo da obra.
- URBANIZACIÓN DE RAMÓN BASANTA BEN:
Obra xa comezada. Englóbase dentro dunha actuación máis grande xunto coa zona do Torno e rúa do Cancelo. De por sí arrastra polémica, debido a problemas surxidos como consecuencia de que no goberno anterior había políticos metidos a técnicos. Agradecer a receptividade da Consellería de Medio Rural e así executar o soterramento do cableado eléctrico e telefónico. Para o 2008 complementarase nas rúas perpendiculares á mesma.
- SANEAMENTO EN VILAR:
Obra a punto da súa licitación, comprende o saneamento, rede de abastecemento e reposición de firme cun presuposto de 115.000 €, necesaria para dar resposta ás necesidades das vivendas existentes.
- SANEAMENTO NA ZONA DE COTOS A RIL:
Obra a punto de comezar, que consiste en saneamento e reposición de firme cun presuposto cercano aos 34.000 €.
- SANEAMENTO A CASILLA-A MAROSA:
Obra temporalmente paralizada, debido á necesidade de acometer unha modificación no proxecto por problemas atopados ao comezo da mesma. A punto de conseguir a autorización de Costas por obra en zona de deslinde, continuarase coa mesma.

- ACONDICIONAMENTE DE SENDEIROS E ZONAS VERDES:
Obra a punto de comenzar, logo de tramitar as autorizacións necesarias ante FEVE, por tocar moitas delas zona de policía da vía do ferrocarril. O retraso débese a que o proxecto non contaba con ditos permisos.
- PAVIMENTACIÓN E SERVIZOS NA ZONA DO CAMPÓN:
Aínda que o PP se apresurou a anunciar a perda da subvención englobada no POS da Deputación, dende o Concello nunca se dixo que se deixaría de facer dita obra. Consiste na reposición de servizos e pavimentación da explanada traseira do Campón. Dita obra comezará en breve. O portavoz da oposición pode explicar o motivo da súa saída de dito plan da Deputación.
- OBRA COMPLEMANTARIA DE TORRENTES:
Cun presuposto de 803.389,39 €, rematouse hai poucos días o proxecto. Afectará a rúa Torrentes, Av. Arcadio Pardiñas, rúa das Flores, rúa Suafonte e Av. da Mariña. Anticipadamente, pedimos disculpas polas molestias que vai causar, xa que se tocan puntos críticos relacionados coa circulación viaria e o seu prazo de execución é de seis meses. A súa finalidade consiste nunha nova rede de saneamento para augas residuais e pluviais, coa conseguinte mellora no fincionamento da EDAR.

Máis se procederá inmediatamente a:
1.- Creación dunha nova zona de xogos infantís no Parque Rosalía de Castro, con novo mobiliario de xogos, que incluirá ao segmento de idade de 0 a 3 anos.
2.- Instalación de aparellos de ximnasia dirixidos aos nosos maiores nos diferentes parques e prazas do Concello.
3.- Estanse ultimando as negociacións para a creación dunha nova zona verde na área de influencia da rúa Suafonte.
4.- Levouse a cabo a tramitación dunha subvención ante o IDAE para a substitución das luminarias incandescentes dos semáforos por unhas novas de tecnoloxía LED, co que se conseguirá un aforro enerxético importante e necesario.
5.- Iniciaráse proximamente a reparación dos báculos semafóricos existentes no Concello, xa que se detectou unha falta importante ata o de agora na conservación e mantemento dos mesmos.
6.- Comezouse a implantar nas rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Av. Arcadio Pardiñas e rúa do Río zonas de carga e descarga para vehículos comerciais, coa conseguinte mellora na ordeación do tráfico.
7.- No ano 2008 comezarase un proxecto piloto que consistirá na recollida de cartón e papel porta a porta nos locais comerciais.
8.- Instauraráse no ano 2008 a gratuidade do Punto Limpo, co apoio dunha forte campaña subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente acerca da importancia da súa utilización.
9.- Renovaránse a maior parte dos colectores de recollida de lixo, logo de ter detectado un importante deterioro na maior parte deles.
Todas estas iniciativas relacionadas coa recollida e limpeza, veranse complemendas cunha reordenación do contrato que o Concello está a renegociar coa empresa adxudicataria.
10.- A principios do 2008, procederase á renovación e instalación de novo mobiliario nas praias de O Portelo, O Cabaliño e A Marosa acordes coa costa e paisaxe galegas e así fuxir do feísmo que ata o de agora caracterizou a estas praias. Agradecer o apoio do Servizo Provincial de Costas en Lugo.

A nosa acción política e de goberno non rematará eiquí, xa que agora mesmo están en marcha outros proxectos e negociacións coas distintas Administracións do Estado (Provincial, Autonómica e Central), os cales nos permitirán e son necesarios para dar solucións aos problemas e carencias que agora mesmo se atopan no noso pobo.


O CONCELLEIRO-DELEGADO



Pascual Doménech Gruñeiro





8 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas, só tardastedes un ano en facerme pensar que tirei o meu voto nas eleccións municipais do pasado ano.

O QUE FIXESTEDES COA BANDA E A PROCESIÓN É UNHA VERGONZA

Anónimo dijo...

Collede e mirade o comentario de cope sobre a blues ban, eu mismo levei nenos e os instruemntos son deles, non son politico nin quero selo, no valgo pra LORO.
SEÑOR GMPP. de Burela, ALGUNS VOTOS MAS TERIADES SI ESTUVESES CALADIÑOS NESTE TEMA, OU BEN INFORMADOS, NON VIN REPRESENTANTE DO CONCELLO NA ACTUACION NIN DO GRUPO POPULAR, (Nin no veran en outras actuacions as que fun eu), por favor, ¿a cantos concertos da escola fosteis?, non sei como tanto entenden de música usedes, claro que paese nivel musical a escola non necesita titulados, pero os nenos, apesar de ser inteligentes,si lles fan falta.
fDo. anonimo de verdad, e independente de politicas,(aqui non hay corrupcción), solo o interese polos nenos.

Anónimo dijo...

Perdonen que el detinatario no era este, ya se emitio a quien lo debe leer, (si tiene antejos)

Anónimo dijo...

quero saber si o sr xan carballal esta enpadronado en burela para gestionar os fondos da escola.

si esta empadroado ¿votou?, comprobade esto por favor

Anónimo dijo...

xa podeis actualizar esta paxina, os comentarios son moi antigos

Anónimo dijo...

Sera pra aforrar, jajaja!!!!

Anónimo dijo...

¿donde prantasteis us acibros das xardiñeiras da acera de Arcadio Pardiñas? porque si estan protexidos ¿non os queimariades?

Anónimo dijo...

http://burela.webnode.es/