lunes, 26 de noviembre de 2007


A DELEGACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS INFORMA AOS MEDIOS:

Dende a Delegación de Obras e Servizos do Concello de Burela, compre que é o noso deber anunciar e informar sobre as actuacións que se están a levar a cabo no Concello, todas elas co único fin de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, para conseguir unha Burela máis habitable e, conxuntamente con outras Delegacións, apostar por unha vila respetuosa co medio ambiente, preparada para o futuro, e no que sempre primará a atención ao cidadán. Sirva tamén este breve resumo para dar resposta ás declaracións do Partido Popular, encabezado polo seu portavoz na oposición, gran adicto, pero pouco ocurrente, a aparecer tanto en soporte escrito como falado, denunciando unha presunta falta de iniciativa política co ser recurrente e pouco orixinal “traballo igual a cero”, e nos que actúa como un oráculo agoreiro.

As obras ou servizos que se están a executar ou a punto de executarse son os seguintes:

- ACONDICIONAMENTO DAS RUAS EIJO GARAY, CORREO E IGLESIA:
Obra xa comezada, con subvención da Consellería de Industria, completada con asignación económica do Concello. Ésta sal de partidas presupostarias de Obras e Servizos e de Urbanismo. Convén recordar que aínda que a subvención foi tramitada polo anterior equipo de goberno, o crédito correspondente ao Concello non estaba previsto nos orzamentos, o cal deu lugar a modificacións presupostarias que retrasaron o comezo da obra.
- URBANIZACIÓN DE RAMÓN BASANTA BEN:
Obra xa comezada. Englóbase dentro dunha actuación máis grande xunto coa zona do Torno e rúa do Cancelo. De por sí arrastra polémica, debido a problemas surxidos como consecuencia de que no goberno anterior había políticos metidos a técnicos. Agradecer a receptividade da Consellería de Medio Rural e así executar o soterramento do cableado eléctrico e telefónico. Para o 2008 complementarase nas rúas perpendiculares á mesma.
- SANEAMENTO EN VILAR:
Obra a punto da súa licitación, comprende o saneamento, rede de abastecemento e reposición de firme cun presuposto de 115.000 €, necesaria para dar resposta ás necesidades das vivendas existentes.
- SANEAMENTO NA ZONA DE COTOS A RIL:
Obra a punto de comezar, que consiste en saneamento e reposición de firme cun presuposto cercano aos 34.000 €.
- SANEAMENTO A CASILLA-A MAROSA:
Obra temporalmente paralizada, debido á necesidade de acometer unha modificación no proxecto por problemas atopados ao comezo da mesma. A punto de conseguir a autorización de Costas por obra en zona de deslinde, continuarase coa mesma.

- ACONDICIONAMENTE DE SENDEIROS E ZONAS VERDES:
Obra a punto de comenzar, logo de tramitar as autorizacións necesarias ante FEVE, por tocar moitas delas zona de policía da vía do ferrocarril. O retraso débese a que o proxecto non contaba con ditos permisos.
- PAVIMENTACIÓN E SERVIZOS NA ZONA DO CAMPÓN:
Aínda que o PP se apresurou a anunciar a perda da subvención englobada no POS da Deputación, dende o Concello nunca se dixo que se deixaría de facer dita obra. Consiste na reposición de servizos e pavimentación da explanada traseira do Campón. Dita obra comezará en breve. O portavoz da oposición pode explicar o motivo da súa saída de dito plan da Deputación.
- OBRA COMPLEMANTARIA DE TORRENTES:
Cun presuposto de 803.389,39 €, rematouse hai poucos días o proxecto. Afectará a rúa Torrentes, Av. Arcadio Pardiñas, rúa das Flores, rúa Suafonte e Av. da Mariña. Anticipadamente, pedimos disculpas polas molestias que vai causar, xa que se tocan puntos críticos relacionados coa circulación viaria e o seu prazo de execución é de seis meses. A súa finalidade consiste nunha nova rede de saneamento para augas residuais e pluviais, coa conseguinte mellora no fincionamento da EDAR.

Máis se procederá inmediatamente a:
1.- Creación dunha nova zona de xogos infantís no Parque Rosalía de Castro, con novo mobiliario de xogos, que incluirá ao segmento de idade de 0 a 3 anos.
2.- Instalación de aparellos de ximnasia dirixidos aos nosos maiores nos diferentes parques e prazas do Concello.
3.- Estanse ultimando as negociacións para a creación dunha nova zona verde na área de influencia da rúa Suafonte.
4.- Levouse a cabo a tramitación dunha subvención ante o IDAE para a substitución das luminarias incandescentes dos semáforos por unhas novas de tecnoloxía LED, co que se conseguirá un aforro enerxético importante e necesario.
5.- Iniciaráse proximamente a reparación dos báculos semafóricos existentes no Concello, xa que se detectou unha falta importante ata o de agora na conservación e mantemento dos mesmos.
6.- Comezouse a implantar nas rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán, Av. Arcadio Pardiñas e rúa do Río zonas de carga e descarga para vehículos comerciais, coa conseguinte mellora na ordeación do tráfico.
7.- No ano 2008 comezarase un proxecto piloto que consistirá na recollida de cartón e papel porta a porta nos locais comerciais.
8.- Instauraráse no ano 2008 a gratuidade do Punto Limpo, co apoio dunha forte campaña subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente acerca da importancia da súa utilización.
9.- Renovaránse a maior parte dos colectores de recollida de lixo, logo de ter detectado un importante deterioro na maior parte deles.
Todas estas iniciativas relacionadas coa recollida e limpeza, veranse complemendas cunha reordenación do contrato que o Concello está a renegociar coa empresa adxudicataria.
10.- A principios do 2008, procederase á renovación e instalación de novo mobiliario nas praias de O Portelo, O Cabaliño e A Marosa acordes coa costa e paisaxe galegas e así fuxir do feísmo que ata o de agora caracterizou a estas praias. Agradecer o apoio do Servizo Provincial de Costas en Lugo.

A nosa acción política e de goberno non rematará eiquí, xa que agora mesmo están en marcha outros proxectos e negociacións coas distintas Administracións do Estado (Provincial, Autonómica e Central), os cales nos permitirán e son necesarios para dar solucións aos problemas e carencias que agora mesmo se atopan no noso pobo.


O CONCELLEIRO-DELEGADO



Pascual Doménech Gruñeiro





martes, 30 de octubre de 2007

lunes, 1 de octubre de 2007

Primeiros 100 días de goberno

O Partido Socialista de Burela fai

balance dos primeiros 100 días de

goberno no Concello de Burela.

Os primeiros 100 días de goberno merecen, para o Partido Socialista de Burela, un notable alto. Consideramos que neste curto espazo de tempo, cando menos, a dinámica do concello xa foi tomando un rumbo axeitado. Os socialistas estamos convencidos de que se está a construír a base onde terá que ir fincado o proxecto de goberno, que sen lugar a dúbidas, é un grande proxecto. Palpamos que por primeira vez na historia de Burela hai un equipo de goberno metido de cheo nos problemas da cidadanía, algo que a xente botaba de menos. Este equipo de goberno está facendo un esforzo moi grande para levar adiante algunhas obras que están pendentes, si, é certo, comezadas polo anterior goberno, pero sen partida orzamentaria aprobada. Se facemos unha análise comparativa dos 100 días de goberno do Partido Popular, loxicamente a nota sería de sobresaínte, e non falemos do mesmo número de días dende que González Barcia se fixo cargo da alcaldía, daquela; a nota sería de matrícula. Valoramos positivamente aquelas medidas que melloren a calidade de vida das familias mais humildes, a forte aposta polo medio ambiente, e sobre todo; valoramos moito o xeito que ten este goberno de facer as cousas, sen présa, escoitando á xente, valorando as suxerencias, e dando pasos firmes para que as obras só se fagan unha vez. Os Socialistas entendemos que a formación dun goberno de progreso entre Socialistas e Nacionalistas era algo que os electores demandaran co seu voto o pasado 27 de Maio, así o entendemos e así o fixemos, fixémolo en base ao diálogo e entendemento político. Porén; algún sector político deste Concello (PP) nunca quixo velo así, argumentando historias pouco democráticas baseadas na mentira e crispación política, arma prioritaria do Partido Popular nos últimos anos. Os Socialistas sempre consideramos que a xente que vota aos partidos “perdedores” ten a mesma categoría democrática que aqueles que depositan a súa confianza nas forzas políticas que resulten “gañadoras”, para formar goberno é preciso ter os suficientes apoios, xa que, afortunadamente, os votos contabilízanse todos da mesma maneira, unha persoa un voto, os votos do PP non teñen máis valor que o resto, nin viceversa.
Consideramos que Burela estaba carente de case todo, o Partido Popular en 12 anos de goberno non foi capaz de resolver aquelo que se chama “servizos básicos”; non foi capaz, ou non fixo o esforzo?,... tamén pode que fose por falta de tempo, a verdade é que 12 anos non dan para moito, “para criticar a un goberno, só se precisan 3 meses”. Foi unha pena que tendo na Xunta un goberno da mesma cor política e, incluso, durante 8 anos no goberno do Estado, non foran capaces de levar adiante unha política de infraestructuras axeitada.
O Partido Popular con maioría absoluta durante 144 meses, fixo unha mestura de non saber con non querer, e entornou a Burela no fondo da “hucha” comarcal, a ineficacia política foi tan grande como que: non se fixeron as xestións para sacar adiante un Plan Xeral de Ordenación Municipal, non foi capaz de ofrecer aos veciños un abastecemento de auga de calidade e na cantidade suficiente; non dotaron ao Porto de Burela dun acceso en condicións; somos o único concello na comarca que non ten piscina, nin proxecto para facela; deixou sen resolver o problema do tráfico, e o que é máis grave, foi incapaz de poñer a servizo dos empresarios uns terreos axeitados e ordenados para que a pequena e mediana industria non fuxise de Burela, referímonos loxicamente ao Polígono Industrial.
Durante estes 100 días de goberno progresista, puidose palpar a forte oposición do Partido Popular, e do seu portavoz González Barcia, oposición que, en ningún caso foi constructiva, sempre cos mesmos
Durante estes 100 días de goberno progresista, puidose palpar a forte oposición do Partido Popular, e do seu portavoz González Barcia, oposición que, en ningún caso foi constructiva, sempre cos mesmos reproches e incluso frecuentes ameazas, mesmo semella a un neno que, por non facer os deberes, o cambiaron para o último pupitre.
Coidamos que a valoración que nós facemos, é a mesma que teñen a gran maioría dos cidadáns desta fermosa vila. Os Socialistas pregámoslle ao Goberno Municipal que siga traballando con transparencia, esa que non se compra no supermercado como ben recoñeceu no seu día, o portavoz do Partido Popular.
Queremos pechar esta análise dos, xa famosos, cen días con unha reflexión: se sabemos que temos un equipo de mulleres e homes do mellor, e tamén sabemos que están a traballar forte, cada quen na tarefa que lle foi encomendada, démoslles tempo para que rematen o proxecto que están a comezar.

sábado, 1 de septiembre de 2007

NOVA EXECUTIVA


A AGRUPACION SOCIALISTA DE BURELA RENOVOU A SUA EXECUTIVA EN ASAMBLES EXTRAORDINARIA CELEBRADA O PASADO VENRES.

Burela, 01/09/07; O PSdeG-PSOE de Burela xa ten nova executiva, esta foi elixida na Asemblea que se celebrou o pasado venres día 31 as 8 da tarde no salón de actos do propio Partido. Preto do 90% dos afiliados e afiliadas participaron, tanto nos debates como na confección da lista; unha lista que foi presentada por Sonia Fraga e que está composta polos seguintes Compañeros/as.

Vázquez Andrade, Ramon.- Presidente
Fraga Seara, Sonia.- Secretaria Xeral
Iglesias Uz, Jesús PlácidoS.- º de Organización, Acción Electoral e Administración
Yañez Hermida, Mauel.- Sº de Política Municipal
Bouza Orosa, Lucia.- Sª de Cultura, Educación e medio Ambiente
Vanesa Fraga García.- Sª de Eventos e turismo
Amenedo Castiñeira, Marta.- Sª de Política Social e Inmigración
Otero Aguilar, Delio.- Sº de Política Sindical
Prieto Díaz, Camilo Antonio.- Sº de Obras, servizoz e participación cidadán
García Suárez, Luis.- Sº de Movementos Sociais

Os Membros do Grupo Municipal tamén forman parte da executiva por imperativo estatutario, e poden participarán en todas as xuntanzas con voz e con voto.

miércoles, 18 de julio de 2007

Nota de prensa en resposta o portavoz do PP.


O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Burela, manifesta a súa intención de iniciar un estudio de viabilidade de inversión para que as autopsias se poidan volver a facer na Mariña.
O noso compromiso e intención política é que sexa un servizo técnico de calidade, e non ofrecer un servizo de peores condicións, como manifesta o portavoz do grupo municipal do PP, o Sr. González Barcía, de “facelo no cemiterio municipal cun pequeno acondicionamento de esas instalacións”.
Non é un proceso que dure nin un día, nin un mes, xa que para dar un servizo de calidade e que cumpra coa normativa vixente, hai que acondicionar as instalacións necesarias .
Tamén quero recordar, que o traslado do servizo de autopsias ás capitais de provincia, foi una decisión tomada polo anterior goberno do PP na Xunta de Galicia, e agora o goberno bipartito está aplicando esa decisión e coa normativa legal vixente, aínda que poida que sexa unha medida transitoria, porque dende o noso grupo de goberno municipal, vemos que o ideal sería que cada comarca puidera dispor deste servizo. Por iso, a nosa vontade política é de estudar a calidade e de traballar como nestes momentos xa estamos a facer, cos responsables deste servizo en coordinación coa Xunta de Galicia, contando tamén co apoio do Hospital da Costa para que este servizo volva a Mariña.

Sonia Fraga Seara
Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE

viernes, 13 de julio de 2007

ALFREDO LLANO GARCIA (Alcalde de Burela)



Alfredo Llano García, converteuse no primeiro Alcalde Socialista do Concello de Burela, acadando os cinco votos do seu grupo PSdeG e dous do BNG. O Concello de Burela, aínda que e cativo en extensión de terreo, está chamado a ser un dos mais importantes da nosa bisbarra, conta cun número de habitantes que rodea os 10000, e por encima; e un dos concellos coa poboación máis xove da Provincia. Todo esto, fai que Alfrado se atope diante dun compromiso moi importante, de feito; xa destacou no seo discurso que para el era un día moi “importante” e que quería trasladar esa “importancia” e ilusión o resto da corporación e a toda a cidadanía.
Alfredo dixo que dende ese intre empezaba o seu compromiso e afán de traballo con o fin de facer ben as cousas, democraticamente e con transparencia.