martes, 30 de octubre de 2007

lunes, 1 de octubre de 2007

Primeiros 100 días de goberno

O Partido Socialista de Burela fai

balance dos primeiros 100 días de

goberno no Concello de Burela.

Os primeiros 100 días de goberno merecen, para o Partido Socialista de Burela, un notable alto. Consideramos que neste curto espazo de tempo, cando menos, a dinámica do concello xa foi tomando un rumbo axeitado. Os socialistas estamos convencidos de que se está a construír a base onde terá que ir fincado o proxecto de goberno, que sen lugar a dúbidas, é un grande proxecto. Palpamos que por primeira vez na historia de Burela hai un equipo de goberno metido de cheo nos problemas da cidadanía, algo que a xente botaba de menos. Este equipo de goberno está facendo un esforzo moi grande para levar adiante algunhas obras que están pendentes, si, é certo, comezadas polo anterior goberno, pero sen partida orzamentaria aprobada. Se facemos unha análise comparativa dos 100 días de goberno do Partido Popular, loxicamente a nota sería de sobresaínte, e non falemos do mesmo número de días dende que González Barcia se fixo cargo da alcaldía, daquela; a nota sería de matrícula. Valoramos positivamente aquelas medidas que melloren a calidade de vida das familias mais humildes, a forte aposta polo medio ambiente, e sobre todo; valoramos moito o xeito que ten este goberno de facer as cousas, sen présa, escoitando á xente, valorando as suxerencias, e dando pasos firmes para que as obras só se fagan unha vez. Os Socialistas entendemos que a formación dun goberno de progreso entre Socialistas e Nacionalistas era algo que os electores demandaran co seu voto o pasado 27 de Maio, así o entendemos e así o fixemos, fixémolo en base ao diálogo e entendemento político. Porén; algún sector político deste Concello (PP) nunca quixo velo así, argumentando historias pouco democráticas baseadas na mentira e crispación política, arma prioritaria do Partido Popular nos últimos anos. Os Socialistas sempre consideramos que a xente que vota aos partidos “perdedores” ten a mesma categoría democrática que aqueles que depositan a súa confianza nas forzas políticas que resulten “gañadoras”, para formar goberno é preciso ter os suficientes apoios, xa que, afortunadamente, os votos contabilízanse todos da mesma maneira, unha persoa un voto, os votos do PP non teñen máis valor que o resto, nin viceversa.
Consideramos que Burela estaba carente de case todo, o Partido Popular en 12 anos de goberno non foi capaz de resolver aquelo que se chama “servizos básicos”; non foi capaz, ou non fixo o esforzo?,... tamén pode que fose por falta de tempo, a verdade é que 12 anos non dan para moito, “para criticar a un goberno, só se precisan 3 meses”. Foi unha pena que tendo na Xunta un goberno da mesma cor política e, incluso, durante 8 anos no goberno do Estado, non foran capaces de levar adiante unha política de infraestructuras axeitada.
O Partido Popular con maioría absoluta durante 144 meses, fixo unha mestura de non saber con non querer, e entornou a Burela no fondo da “hucha” comarcal, a ineficacia política foi tan grande como que: non se fixeron as xestións para sacar adiante un Plan Xeral de Ordenación Municipal, non foi capaz de ofrecer aos veciños un abastecemento de auga de calidade e na cantidade suficiente; non dotaron ao Porto de Burela dun acceso en condicións; somos o único concello na comarca que non ten piscina, nin proxecto para facela; deixou sen resolver o problema do tráfico, e o que é máis grave, foi incapaz de poñer a servizo dos empresarios uns terreos axeitados e ordenados para que a pequena e mediana industria non fuxise de Burela, referímonos loxicamente ao Polígono Industrial.
Durante estes 100 días de goberno progresista, puidose palpar a forte oposición do Partido Popular, e do seu portavoz González Barcia, oposición que, en ningún caso foi constructiva, sempre cos mesmos
Durante estes 100 días de goberno progresista, puidose palpar a forte oposición do Partido Popular, e do seu portavoz González Barcia, oposición que, en ningún caso foi constructiva, sempre cos mesmos reproches e incluso frecuentes ameazas, mesmo semella a un neno que, por non facer os deberes, o cambiaron para o último pupitre.
Coidamos que a valoración que nós facemos, é a mesma que teñen a gran maioría dos cidadáns desta fermosa vila. Os Socialistas pregámoslle ao Goberno Municipal que siga traballando con transparencia, esa que non se compra no supermercado como ben recoñeceu no seu día, o portavoz do Partido Popular.
Queremos pechar esta análise dos, xa famosos, cen días con unha reflexión: se sabemos que temos un equipo de mulleres e homes do mellor, e tamén sabemos que están a traballar forte, cada quen na tarefa que lle foi encomendada, démoslles tempo para que rematen o proxecto que están a comezar.